lunes, 8 de abril de 2013

Bases do IV Concurso Literario "A Xanela"


O Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Valle- Inclán convoca o

 

                   IV CONCURSO LITERARIO “A Xanela”

 

De acordo coas seguintes BASES:

 

  1. O traballo consistirá en elaborar un poema en lingua galega (versos con rima ou verso libre) no que o lema será OS SERES IMAXINARIOS E MITOLÓXICOS.
  2. Poderán participar todos os alumnos de Educación Infantil e Primaria matriculados no CEIP Valle- Inclán.
  3. Só se admitirá un poema por alumno en E.P.; ou por aula en E.I.
  4. Cada poema terá como mínimo 6 versos e levará un título.
  5. Ao pé de cada composición poética elaborarase unha ilustración (coloreada) alusiva ao seu poema.
  6. O formato será en tamaño A4.
  7. En cada traballo deberán constar, polo seu reverso, os seguintes datos: “IV Concurso Literario A Xanela”, nome e apelidos do autor e nivel ao que pertence. No caso de E.I., nome e apelidos do titor/a; e nivel e nome da aula.
  8. O POEMA SERÁ ELABORADO NAS AULAS, NON NA CASA ata o 10 de maio de 2013. O titor/a entregará ao representante do EDL no seu ciclo os traballos elaborados; no caso de E.P., facendo unha selección de 3 que serán os que pasen á fase final.
  9. Todos os traballos presentados deberán estar en posesión da Coordinadora do EDL o día 10 de maio.
  10. Establécese un premio por nivel, agás en E.I. que será un premio por aula.
  11. O día 13 de maio, o xurado composto por 2 membros do EDL, 1 representante do Equipo Directivo, 1 representante do Equipo de Biblioteca, 2 representantes de Dinamización Lingüística do concello de Oleiros, a directora da Biblioteca Rialeda e 1 representante da ANPA e presidido pola coordinadora do EDL, será o encargado de elixir o mellor poema de cada nivel valorando a creatividade, a orixinalidade e a presentación do mesmo.
  12. Os nomes e poemas dos gañadores do IV Concurso Literario “A Xanela” serán publicados no Blog do EDL (http://axanelavalle.blogspot.com.es/) e no Boletín informativo Xovesí. Posteriormente farase unha exposición de todos os traballos participantes.
  13. O día 16 de maio, en horario e lugar que aínda están sen determinar, entregaranse os agasallos aos alumnos gañadores que consistirán nun libro en lingua galega e un diploma que acredite a súa autoría e participación no Concurso.
  14. O feito de participar neste IV Concurso Literario “A Xanela”, significa a aceptación das súas bases. O veredicto do xurado será inapelable. Todas as incidencias que non estean contempladas nestas bases serán resoltas polo xurado unha vez que sexa constituído.

 

 

                               Perillo, abril do 2013
                               O EDL do CEIP Valle- Inclán