Para homenaxear a rúa Roberto Vidal Bolaño que temos a carón do noso cole, fixemos as seguintes actividades:
- Pequena presentación da obra "Touporroutou da Lúa e do Sol" de RVB que preparou o alumnado da clase de 5º B de E.P. do centro; gracias á colaboración dos seus profesores: Mª José Souto, Mercedes Rodríguez e Paulo Padrón.
- Obradoiro de Baile Tradicional Galego para o alumnado de 3º ciclo de E.P. gracias á colaboración do Grupo Santaia de Santa Cruz; e á Asociación Cultural Xacarandaina da Coruña.
Para esta Homenaxe tivemos o privilexio de contar coa intervención de Ángel García Seoane (alcalde de Oleiros), Esther Garrido Pan (concelleira de Cultura e Normalización Lingüística), Lucía Filloy (coordinadora de Dinamización Lingüística do Concello) e Mª Jesús Fraga (directora do centro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario