O Equipo de
Dinamización da Lingua Galega do CEIP Valle- Inclán convoca o
V CONCURSO LITERARIO “A Xanela”
De acordo coas
seguintes BASES:
- O
traballo consistirá en elaborar un poema en lingua galega (versos con rima
ou verso libre) no que o lema será A
GASTRONOMÍA.
- Poderán
participar todos os alumnos de Educación Infantil e Primaria matriculados
no CEIP Valle- Inclán.
- Só se
admitirá un poema por alumno en E.P.; ou por aula en E.I.
- Cada poema terá como mínimo 6 versos e levará un título; excepto en
E.I. e 1º ciclo de E.P., que a extensión será libre.
- Ao pé de cada composición poética elaborarase unha ilustración
(coloreada) alusiva ao seu poema.
- O formato será en tamaño A4.
- En cada traballo deberán constar, polo seu reverso, os seguintes
datos: “V Concurso Literario A Xanela”, nome e apelidos do autor e nivel
ao que pertence. No caso de E.I., nome e apelidos da titora; e nivel e
nome da aula.
- O POEMA SERÁ ELABORADO NAS AULAS, NON
NA CASA ata o 9
de maio de 2014. O titor/a entregará ao representante do EDLG no seu ciclo
os traballos elaborados; no caso de E.P., facendo unha selección de 3 que serán os que pasen á fase
final.
- Todos os
traballos presentados deberán estar en posesión do EDLG o día 9 de maio.
- Establécese
un premio por alumn@ premiad@, agás en E.I. que será un premio por aula.
- O día 12 de maio, o xurado composto por
2 membros do EDLG, 1 representante do Equipo Directivo, 1 representante do
Equipo de Biblioteca, 2 representantes de Normalización Lingüística do
concello de Oleiros, a directora da Biblioteca Rialeda e 1 representante
da ANPA e presidido pola
coordinadora do EDLG, será o encargado de elixir o mellor poema de cada
nivel valorando a creatividade, a
orixinalidade e a presentación do mesmo.
- Os nomes
e poemas dos gañadores do V Concurso Literario “A Xanela” serán publicados
no Blog do EDLG (http://axanelavalle.blogspot.com.es/)
e no Boletín informativo Xovesí.
Posteriormente farase unha exposición de todos os traballos participantes.
- O día de celebración das Letras Galegas,
en horario e lugar que aínda están sen determinar, entregaranse os
agasallos aos alumnos gañadores que consistirán nun libro en lingua galega e un diploma que acredite a súa autoría e
participación no Concurso.
- O feito
de participar neste V Concurso Literario “A Xanela”, significa a
aceptación das súas bases. O veredicto do xurado será inapelable. Todas as
incidencias que non estean contempladas nestas bases serán resoltas polo
xurado unha vez que sexa constituído.
Perillo, abril do 2014
O EDLG do CEIP
Valle- Inclán